Thursday 02 de May de 2024

A Xunta destaca na Coruña o papel do asociacionismo no impulso aos mercados e prazas de abastos


O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou no acendido de Nadal da Asociación de Comerciantes do Mercado de Elviña

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe no acendido do alumeado de Nadal organizado pola Asociación de Comerciantes do Mercado de Elviña.

Heredia destacou o papel do asociacionismo no impulso aos mercados e prazas de abastos. Neste sentido, a Asociación de profesionais desta praza de abastos colabora cada ano coa Administración autonómica na posta en marcha de diferentes actuacións e campañas.

Neste ámbito, a Xunta puxo en marcha este ano un novo programa de axudas para continuar impulsando a dinamización das prazas de abastos e a creación dunha rede de mercados excelentes nos municipios galegos. A convocatoria contempla axudas tanto para os concellos como para as asociacións e federacións de praceiros.

O comercio é un sector estratéxico tanto para a economía como para a calidade de vida das vilas e cidades galegas. Por iso, os orzamentos para 2023 destinan 24 millóns de euros de investimento para promover a modernización e a competitividade do comercio de proximidade, impulsando a dixitalización e comercio en liña e a sustentabilidade, entre outros obxectivos.